En este artículo, José Luis Camba Seara, basándose en documentación de la época, describe una de las obras más importantes llevada cabo en Parderrubias en la década de los años sesenta: el suministro de agua potable a los pueblos de A Iglesia y O Valdemouro.
Juan Carlos Sierra Freire
Nota. Este artículo aparece publicado en su versión original en gallego y a continuación el lector encontrará una versión en castellano.
A chegada de auga potable aos pobos de A Igrexa e O Valdemouro nos anos 60. Por José Luis Camba Seara
Tal como documentan Outomuro (2015), Fernández Seara (2016) e Sierra Fernández (2016), en Parderrubias existían nos anos 60 diversas fontes naturais de auga potable. Outumuro fala de varias: Fonte da Saúde, Fonte da Abella, Fonte do Cano, Fonte da Cerva, entre outras (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/09/20/toponimos-en-la-parroquia-de-parderrubias-por-tino-outumuro/). Sierra Fernández engade ás anteriores a Fonte de Currás, As Fontelas, Fonteiriñas e Val das Fontes, todos eles tamén mananciais naturais pertencentes a Parderrubias, aínda que un pouco máis afastados dos núcleos urbanos (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/07/19/e35-parderrubias-higiene-y-sanidad-en-el-siglo-xviii-por-avelino-sierra-fernandez/). Pola súa banda, Fernández Seara fala das fontes de Nigueiroá (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/10/23/un-canto-a-la-belleza-divina-por-jose-luis-fernandez-seara/).
Sierra Fernández (2016) sinala que a máis coñecida de todas elas é a Fonte do Outeiro, situada no lugar denominado A Fonte. Esta fonte, que actualmente está en desuso pedindo a berros unha limpeza e mellora, abasteceu durante moitos anos aos barrios de O Outeiro, A Carretera e A Igrexa. Alí reuníanse as veciñas e veciños destes lugares esperando a beber e refrescarse no verán ou a coller auga para levar ás súas casas. Nesas reunións e esperas comentábanse as novidades do pobo ou se narraban vellos contos aos nenos que acompañaban ás súas nais. Ademais de centro de encontro e vida social, esta fonte tamén era o lugar no que se levaban a cabo tarefas domésticas, tales como o mazado do polbo, paso previo inprescindible á sua cocción, ou tamén como lugar no que se deixaban as botellas e botas de viño para que este se refrescase.


Sierra Fernández (2016) indica que a Parroquia de Parderrubias contou coa primeira billa e tanque público de auga no barrio da Igrexa na década dos anos 60. Na actualidade, afortunadamente, a realidade é moi distinta e todos os veciños teñen subministración pública de auga potable nas súas casas, tanto para o seu consumo como para os labores propios agrícolas ou industriais. Pero isto non foi así ata hai escasamente dúas décadas.
Nos anos 60 os habitantes de Parderrubias, especialmente os dos barrios da Igrexa e O Valdemouro, carecían de auga potable preto das súas vivendas. Noutros barrios como O Outeiro, Barrio ou Nigueiroá, os veciños abastecíanse de pozos propios ou fontes próximas ás súas casas e de fácil acceso. Aínda recordo, cando era neno, ás mulleres da Igrexa subir pausadamente a empinada costa -que hoxe aínda conduce á igrexa- coas súas olas ou baldes de auga sobre a cabeza coa única axuda dun pano enrolado encargado de amortecer o peso. Recórdoas tamén transportando nas súas cabezas pesadas tinas de roupa recentemente lavada, ao longo da costa da Chousiña, regresando da Fonte do Cano pola hoxe recuperada Ruta dos Lavadoiros.
Esta situación dará un envorco radical na primeira metade dos anos sesenta, data na que se proxectan e levan a cabo as obras de abastecemento de auga potable aos pobos da Igrexa e O Valdemouro desde a Fonte do Outeiro. Ditas obras foron iniciadas no ano 1962. A Comisión Provincial de Servizos Técnicos de Ourense, dependente do Goberno Civil, a petición do Párroco Fernández Rúas e dos veciños, concede unha subvención para a devandita obra. O proxecto de obra é redactado polo arquitecto Manuel Conde Fidalgo o 8 de setembro de 1962. Os detalles técnicos da obra, así como a desagregación do orzamento económico que ascenderá a 50.000 pesetas, figuran nas fotografías que acompañan a este texto. O Estado achegaría o 90% do custo (45.000 pesestas) e o Concello da Merca o resto.

Aténdonos ao proxecto, preténdese reformar, aproveitando o manancial existente, a Fonte do Outeiro e ampliar a súa capacidade de encoro, deixando unha billa para servizo dos veciños próximos. Ao mesmo tempo acométese enviar, por medio dunha motobomba, a auga ata un depósito que se construirá no pobo da Igrexa. E desde alí, cunha nova condución soterrada, levar a auga ata O Valdemouro, onde se construirá unha pequena fonte cunha billa.


Despois das preceptivas autorizacións comezan as obras a finais de 1962 e xa en xaneiro do ano seguinte, con parte delas realizadas, abónanse 16.000 pesetas en concepto dos gastos ocasionados ata esa data. A segunda fase das obras levarase a cabo durante a primavera do ano 1963, quedando rematada a prolongación ata o pobo de O Valdemouro no verán.
Para a realización destas obras, ademais da colaboración dos veciños, contouse co traballo de varios albaneis e carpinteiros do pobo, caso de Higinio Grande, Xulio Seara, Hermenegildo Outumuro e outros, como o Señor Erasmo de Bouzas, quen realizou as obras de cantería. Tamén prestaron servizos algunhas empresas como a de fontanería de León Martínez Esteban ou a de electricidade Manuel Menor. Moitos dos materiais usados na obra foron adquiridos a empresarios da zona como a Ferraxería O Xardín de Ourense (Doniz e Dorrego S.L.), veciños de Solveira, almacéns de Modesto Garrido González (antes José Garrido e Irmáns “Os Escultores”) da Manchica ou a Paulino Sierra Fernández de Parderrubias.
Como contratista delegado para a coordinación das obras figuraba Isolino Camba Casas, mestre de Parderrubias. Outra das persoas impulsoras desta actuación foi o entón Párroco de Parderrubias Don José Manuel Fernández Rúas, verdadeira alma mater de moitas das obras de modernización da parroquia nos anos 60, tal como sinala Outumuro Seara (2015) ao referirse a el como a persoa que “conseguiu axudas para levar a auga desde a Fonte do Outeiro e facer un tanque na Aldea para non ter que ir buscala ao río da Chousiña” (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/10/10/e8-don-jose-manuel-fernandez-ruas-impulsor-de-la-modernidad-de-parderrubias-por-manuel-outumuro-seara/).
No ano 1984, vinte anos despois, volven acometerse obras de restauración e mellora da Fonte do Outeiro e do abastecemento ao pobo da Igrexa. Para estas novas obras constituíuse unha nova Comisión formada por Plácido Grande, Hermenegildo Outumuro e Isolino Camba. Estas novas obras consistiron nunha reestruturación e amaño da fonte, construíndose unha nova escaleira de acceso pola súa marxe dereita, tal como se pode ver na fotografía adxunta.

Tamén se substituíu a antiga motobomba, e parte das tubaxes, e reformouse o depósito de auga da Igrexa. O importe destas obras ascendeu a 329.395 pesetas. A obra foi rematada no mes de decembro dese ano e nela traballaron, ademais dos veciños do pobo da Igrexa, albaneis do propio pobo como o caso de Manuel Outumuro e José Benito Outumuro. O enreixado e porta de ferro da fonte, que aínda se conservan actualmente, foron construídas por Isolino Fernández.

A finais dos anos noventa, acometéronse en Parderrubias as obras de abastecemento público da rede de augas polo que estas instalacións deixaron en gran parte de prestar o seu servizo, aínda que se mantivo e reformou no ano 2012 o depósito da Igrexa, quedando alí unha billa de auga para uso público de todos os veciños do pobo. As casas de Parderrubias, as do pobo da Igrexa e Valdemouro incluídas, a partir de finais da década dos noventa dispoñen de auga corrente en todos os seus barrios.

Estes acontecementos forman parte da memoria colectiva do noso pobo e merecen ser lembrados para que os nosos fillos e netos conserven e valoren o Patrimonio material que os nosos antecesores máis próximos foron construíndo con tanto esforzo nos últimos anos.
VERSION EN CASTELLANO
La llegada del agua potable a los pueblos de A Igrexa y O Valdemouro en los años 60. Por José Luis Camba Seara
Tal como documentan Outomuro (2015), Sierra Fernández (2016) y Fernández Seara (2016), en Parderrubias existían en los años 60 diversas fuentes naturales de agua potable. Outumuro habla de la Fonte da Saúde, Fonte da Abella, Fonte do Cano, Fonte da Cerva, entre otras (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/09/20/toponimos-en-la-parroquia-de-parderrubias-por-tino-outumuro/). Sierra Fernández añade a las anteriores la Fonte de Currás, As Fontelas, Fonteiriñas y Val das Fontes, todos ellos también manantiales naturales pertenecientes a Parderrubias, aunque un poco más alejados de los núcleos urbanos (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/07/19/e35-parderrubias-higiene-y-sanidad-en-el-siglo-xviii-por-avelino-sierra-fernandez/). Por su parte, Fernández Seara alude a las fuentes de Nigueiroá (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/10/23/un-canto-a-la-belleza-divina-por-jose-luis-fernandez-seara/).
Sierra Fernández (2016) señala que una de las más conocidas es la Fonte do Outeiro, situada en el lugar denominado “A Fonte”. Este manantial, que actualmente está prácticamente en desuso, pidiendo a gritos una limpieza y mejora, abasteció durante muchos años a los pueblos de O Outeiro, A Carretera y A Igrexa. Allí se reunían las vecinas y vecinos de estos lugares esperando a beber y refrescarse en verano o a coger agua para llevar a sus casas. En esas reuniones y esperas se comentaban las novedades del pueblo o se narraban viejos cuentos a los niños que acompañaban a sus madres. Además de sitio de encuentro y vida social, esta fuente también era el lugar en el que se llevaban a cabo tareas domésticas, tales como el mazado del pulpo, paso previo imprescindible a su cocción, o lugar en el que se dejaban las botellas y botas de vino para que éste se refrescase.


Sierra Fernandez (2016) indica que la Parroquia de Parderrubias contó con el primer grifo y tanque público de agua en el pueblo de A Igrexa en la década de los años 60. En la actualidad, afortunadamente, la realidad es muy distinta y todos los vecinos tienen suministro público de agua potable en sus casas, tanto para su consumo doméstico como para las labores agrícolas o industriales. Pero esto no fue así hasta hace escasamente dos décadas.
En los años 60 los habitantes de Parderrubias, especialmente los de los pueblos de A Igrexa y O Valdemouro, carecían de agua potable cerca de sus viviendas. En otros pueblos de la Parroquia, como O Outeiro, Barrio o Nigueiroá, los vecinos se abastecían de pozos propios o fuentes cercanas a sus casas y de fácil acceso. Todavía recuerdo, cuando era niño, a las mujeres de A Igrexa subir lenta y pausadamente la empinada cuesta -que hoy todavía conduce a la iglesia- con sus “olas” o baldes de agua sobre la cabeza con la única ayuda de un pañuelo enrollado encargado de amortiguar el peso. Las recuerdo también transportando en sus cabezas pesadas tinas de ropa recién lavada, a lo largo de la cuesta de A Chousiña, regresando de la Fonte do Cano por la hoy recuperada Ruta dos Lavadoiros.
Esta situación dará un vuelco radical en la primera mitad de los años sesenta, fecha en la que se proyectan y llevan a cabo las obras de abastecimiento de agua potable a los pueblos de A Igrexa y O Valdemouro desde la Fonte do Outeiro. Dichas obras fueron iniciadas en el año 1962. La Comisión Provincial de Servicios Técnicos de Orense, dependiente del Gobierno Civil, a petición del Párroco Fernández Rúas y de los vecinos, concede una subvención para dicha obra. El proyecto de obra es redactado por el arquitecto Manuel Conde Fidalgo el 8 de septiembre de 1962. Los detalles técnicos de la obra, así como el desglose del presupuesto económico, que ascenderá a 50.000 pesetas, figuran en las fotografías que acompañan a este texto. El Estado aportaría el 90% del coste (45.000 pesetas) y el Ayuntamiento de A Merca el resto.

Ateniéndonos al proyecto, se pretende reformar, aprovechando el manantial existente, la Fonte do Outeiro y ampliar su capacidad de embalse, dejando un grifo para servicio de los vecinos más cercanos. Al mismo tiempo se acomete enviar, por medio de una moto-bomba, el agua hasta un depósito que se construirá en A Igrexa. Y desde allí, mediante una nueva conducción soterrada, se llevará el agua hasta O Valdemouro, en donde se erigirá una pequeña fuente con un grifo.


Después de las preceptivas autorizaciones comienzan las obras a finales de 1962 y en enero del año siguiente, con parte de ellas realizadas, se abonan 16.000 pesetas en concepto de gastos ocasionados hasta esa fecha. La segunda fase de las obras se llevará a cabo durante la primavera del año 1963, quedando terminada la prolongación hasta el pueblo de O Valdemouro en el verano de ese mismo año.
Para la realización de estas obras, además de la colaboración de los vecinos, se contó con el trabajo de varios albañiles y carpinteros del pueblo, caso de Higinio Grande, Julio Seara, Hermenegildo Outumuro y otros, como el Señor Erasmo de Bouzas, quien realizó las obras de cantería. También prestaron servicios algunas empresas como la de fontanería de León Martínez Esteban o la de electricidad Manuel Menor. Muchos de los materiales usados en la obra fueron adquiridos a empresarios de la zona como la Ferretería El Jardín de Ourense (Doniz y Dorrego S.L.), vecinos de Solveira, almacenes de Modesto Garrido González (antes José Garrido y Hermanos “Os Escultores”) de A Manchica o a Paulino Sierra Fernández de Parderrubias.
Como contratista delegado para la coordinación de las obras figuraba Isolino Camba Casas, maestro de Parderrubias. Otra de las personas impulsoras de esta actuación fue el entonces Párroco de Parderrubias Don José Manuel Fernández Rúas, auténtico impulsor de muchas de las obras de modernización de la Parroquia en los años 60, tal como señala Outumuro Seara (2015) al referirse a él como la persona que “consiguió ayudas para llevar el agua desde la Fonte do Outeiro y hacer un tanque en A Aldea para no tener que ir a buscarla al río de A Chousiña” (https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/10/10/e8-don-jose-manuel-fernandez-ruas-impulsor-de-la-modernidad-de-parderrubias-por-manuel-outumuro-seara/).
En el año 1984, veinte años después, se vuelven a acometer obras de restauración y mejora de la Fonte do Outeiro y del abastecimiento al pueblo de A Igrexa. Para estas obras se constituyó una nueva Comisión formada por Plácido Grande, Hermenegildo Outumuro e Isolino Camba. Estas nuevas obras consistieron en una reestructuración y adecentamiento de la fuente, construyéndose una nueva escalera de acceso por su margen derecho, tal como se puede ver en la fotografía adjunta.

También se sustituyó la antigua moto-bomba y parte de las tuberías, y se reformó el depósito de agua de A Igrexa. El importe de estas obras ascendió a 329.395 pesetas, tal como aparece en el documento adjunto. La obra fue terminada en el mes de diciembre de ese año y en ella trabajaron, además de los vecinos del pueblo de A Igrexa, albañiles del propio pueblo como el caso de Manuel Outumuro y José Benito Outumuro. La verja y puerta de hierro de la fuente, que aún se conservan actualmente, fueron construidas por Isolino Fernández.

A finales de los años noventa, se acometieron en Parderrubias las obras de abastecimiento público de la red de aguas por lo que estas instalaciones dejaron en gran medida de prestar su servicio, aunque se mantuvo y reformó en el año 2012 el depósito de A Igrexa, con un grifo de agua para uso público de todos los vecinos del pueblo. Las casas de Parderrubias, las del pueblo de A Igrexa y Valdemouro incluidas, a partir de finales de la década de los noventa disponen de agua corriente.

Estas obras que aquí describimos forman parte de la memoria colectiva de nuestro pueblo y merecen ser recordadas para que nuestros hijos y nietos conserven y valoren el Patrimonio material que nuestros antecesores más próximos han ido construyendo con tanto esfuerzo en los últimos años.
Referencias
Fernández Seara, J. L (2016). Nigueiroá, un canto a la belleza. Recuperado de https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/10/23/un-canto-a-la-belleza-divina-por-jose-luis-fernandez-seara/, el 19 de diciembre de 2016.
Outumuro, T. (2015). Topónimos en la Parroquia de Parderrubias. Recuperado de https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/09/20/toponimos-en-la-parroquia-de-parderrubias-por-tino-outumuro/, el 19 de diciembre de 2016.
Outumuro Seara, M. (2015). Don José Manuel Fernández Rúas: impulsor de la modernización de Parderrubias. Recuperado de https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2015/10/10/e8-don-jose-manuel-fernandez-ruas-impulsor-de-la-modernidad-de-parderrubias-por-manuel-outumuro-seara/, el 19 de diciembre de 2016.
Sierra Fernández, A. (2016). Parderrubias: higiene y sanidad en el siglo XVIII. Recuperado de https://aparroquiadeparderrubias.wordpress.com/2016/07/19/e35-parderrubias-higiene-y-sanidad-en-el-siglo-xviii-por-avelino-sierra-fernandez/, el 19 de diciembre de 2016.